venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO


Ola chic@s,

Este é o último día de clase. O ultimo día deste raro curso.



A min, como supoño que a vosoutros, gustaríame poder habelo pasado no cole con vos. Pero non puido ser.

Fíxome moita ilusión vervos a moitos de vos onte na videoconferencia. Pero como faltaban algúns compañeiros, que non puideron conectarse, quero despedirme de vos de novo.

Quero dicirvos que en xeral estou moi contento co voso traballo durante todos estes días confinados nas casas. O fixéchedes xenial!


Quero agradecervos o voso esforzo e o das vosas familias en estes momentos tan difíciles para todos, que nos fixo ter que traballar dun xeito diferente. Resultounos complicado ao principio pero grazas ao voso esforzo e dedicación conseguimos que está situación fora un pouco máis doada.
Non me cansarei de dicilo:


MOITAS GRAZAS A TODOS (Aos nenos e as súas familias)



Desexouvos un bo verán a todos.

Durante todos estes días deunos tempo de apreciar a importancia de cousas que antes non valorabamos moito: o tempo coa familia, o moito que botamos de menos o tempo cos nosos avós, os nosos primos, os nosos compañeiros e amigos...

Por eso o meu consello para estas vacacións e que desfrutedes, que o pasedes ben coa familia, amigos...
Que carguedes as pilas ao tope para empezar en setembro con moita forza.

E unha RECOMENDACIÓN. O día é moi longo. Podemos facer moitas cousas. Unha delas debería ser dedicarlle uns 30 minutos ao día a ler un pouquiño. É o único traballo que os mandamos dende cole. Por favor intentar levalo a cabo.



Na columna da dereita vos deixo dous enlaces: un para acceder a un ibro de lectura de animais e outro para acceder a unha paxina web de documentais por se vos apetece ver algún nestas vacacións.

Vouvos a botar moito de menos.


BO VERÁN CHIC@S




VÉMONOS EN SETEMBRO.


Unha aperta enorme para tod@s




E unha última proposta

O que queira pode escribir unhas palabras en comentarios despedindo o curso. 

2 comentarios:

  1. Hola a todos son Martín.
    Xa se acabou 3º e ahora vamos para 4º.
    Que pasedes un bo verán.
    Asta o curso que ben.

    ResponderEliminar
  2. Hola a todos e todas! Son Laura! Desexovos que pasedes un bo verán e oxala que en setembro todo volva a ser coma antes! Voto moito de menos os meus amigos e amigas! E tamen os profes!!no verán 😘😘🏖🌞

    ResponderEliminar