xoves, 28 de maio de 2020

PROPUESTA PARA O XOVES 28 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!!!

Noraboa a tod@s, xa que acertáchedes case todas as árbores que elixiron os vosos compañeiros.

Na pestana de arriba "Fichas árbores" podedes ver as fichas das arbores dos vosos compañeiros.

A proposta para hoxe é facer dous Kahoot sobre as plantas!

Pero que é un Kahoot!?

É un xogo de preguntas. Tedes que elixir a resposta correcta. Ao final do xogo os da unha clasificación en función das respostas acertadas.

Tedes que seguir estes pasos:

1. Poñer o voso nome e clicar en "Ok, go!"



2.Contestar as preguntas. Para avanzar a seguinte hai que clicar en "Next". E así ata rematar o xogo.

3. Hoxe non tedes que mandar nada. Xa podo ver eu os puntos que consegue cada un.

4, Podedes facelo ata dous veces se queredes mellorar a puntuación. Tedes que cambiar o nome. No intento dos añadides un 2 ao final do voso nome. Exemplo: IVÁN 2

5. Ánimo. Agora tedes que demostrar canto sabedes das plantas.


Kahoot! 1


Kahoot! 2


Moito ánimo chic@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario