xoves, 21 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 21 DE MAIO DE 2020

Ola Chic@s!!!

A proposta de hoxe é a seguinte:

1. Ver as dúas seguintes entradas

- A primeira onde un compañeiro nos explica como se plantan as patacas.

- A segunda onde podemos ver como medraron as fabas que plantaron algúns dos nosos compañeiros.
Se alguén máis plantou a faba que me mande as fotos que as incluimos, porfi.

2. Como todos xa sabedes estamos na primavera. Nesta estación do ano hai moitas flores. Pois a tarefa é a seguinte:

cando salgamos a dar o noso paseo diario temos que intentar buscar unha flor, e identificar nela as partes que vimos estes días: sépalos (cáliz), pétalos (corola), estames e pistilo. Se queredes podedes sacarlle unha foto ou facer un vídeo explicando as partes que se diferenzan nela.



Ánimo chic@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario