Ola
chic@s
Hoxe
toca venres de experimento.
Xa
sabedes podedes facer o experimento que queirades. Na columna da
dereita tedes unhas paxinas con experimentos. Tamén podedes buscar
nalgún libro se tedes na casa. Na pestana superior “Os nosos
experimentos” podedes atopar todos os experimentos que hicisteis
vos e os vosos compañeiros as semanas anteriores. Podedes facer
algún dun compañeiro que os haia gustado moito. Hainos moi
divertidos e sinxelos de facer.
Recordade
facer os vídeos en horizontal e que non sexan moi longos.
Se
a alguén non lle apetece facer o experimento, debaixo deixo unha
actividade Lim sobre as plantas. Facede como sempre na ultima páxina
da actividade picar na icona superior dereita de información e
mandarme unha captura de pantalla coa información da actividade.
Vos
elixides: o experimento ou actividade Lim.
Tamén
me gustaría que fixerades unha actividade que iamos facer no colexio
e non nos deu tempo. Plantar unha faba. Tedes que
coller un pouco de algodón, humedecelo, e meter dentro unha faba.
Despois metemos o algodón no interior dun envase de iogur ou un
vaso, se é transparente mellor. Eu usei un envase dun flan que era
transparente. Así vemos mellor como vai medrar a faba.
A
partir do luns cando me mandedes as actividades tamén podedes
mandarme unha foto da vosa faba e vemos como vai crecendo. Despois eu
cunha aplicación StopMotion intento facer un video do crecemento da
planta.
Moito
ánimo chic@s e bo fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario