mércores, 6 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 6 DE MAIO DE 2020


AS PARTES DUNHA PLANTA

Hoxe vamos a ver algo moi sinxelo, que seguro que xa vos explicaron en segundo. Cales son as partes dunha planta.
Todas as plantas teñen tres partes:
RAÍZ - TALO - FOLLAS
Tamén algunhas plantas teñen FLOR e FROITO.
Cada parte da planta ten a súa función.
Vede o seguinte vídeo no que explican as partes das plantas e as súas funcións.


No seguinte debuxo que aparece na Lección 3-Tema 4 de Naturais explica cales son as partes dunha planta.



A tarefa para hoxe é:

Debuxar nun folio unha planta coma o do debuxo de abaixo e sinalar nela as súas partes: raíz, talo, follas, flores e froito.
Pola parte de atrás do debuxo escribide cal é a función de cada parte da planta. Tedes que elixir entre as que aparecen ao lado do debuxo.

Cando o teñades listo mo enviades ao meu correo.


Moito ánimo chicos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario