mércores, 13 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Hoxe vamos a seguir traballando sobre a función de nutrición das plantas.

O traballo de hoxe é:

1. Ordena os cadros de abaixo, e copia detrás do debuxo de onte, o proceso polo cal unha planta fabrica o seu alimento.


2. Contesta as seguintes preguntas:

1) Que absorbe a planta polas raíces?
2) Como se chama esa mestura?
3) En que lugar da planta se fabrica o seu alimento?
4) Que toman as plantas pola follas?
5) Como se chama o proceso polo cal a planta fabrica o seu alimento?
6) Como se chama o alimento que se reparte por toda a planta?

  • Non fai falta copiar o enunciado das preguntas. Chega con poñer o número e a resposta. Aquí tedes a primeira de exemplo:


       1- Auga e sales minerais.

Cando o teñades feito mo enviades ao meu correo.

Moito ánimo chic@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario