martes, 12 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 12 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Debaixo vos deixo un vídeo moi interesante, cun exemplo da función de relación das plantas, que nos manda Martina.


Hoxe vamos a ver como fan a función de nutrición as plantas.

A semana pasada vimos que unha das principais diferenzas entre os animais e as plantas era a súa forma de alimentarse.

Os animais alimentábanse doutros seres vivos: de plantas os vexetarianos, doutros animais os carnívoros e de plantas e animais os omnívoros. En cambio as plantas fabricaban o seu propio alimento.

Hoxe vamos a ver como fan as plantas para fabricar o seu propio alimento.

Comecemos vendo un vídeo explicativo de Happy Learning que os gustan tanto.



Agora facede está actividade interactiva sobre a nutrición das plantas. Atendede ben a explicación.



Debaixo tedes un debuxo explicativo de como se alimenta unha planta.



Na Lección 5 _ Tema 4 do libro de Naturais tamén nos falan da función de nutrición das plantas.


A tarefa de hoxe é:

Facer un debuxo de como se alimenta unha planta. Aquí tedes un exemplo.




Sede curiosos e coloreádelo.

Gardade o debuxo que maña seguiremos traballando a función da nutrición das plantas e faremos a tarefa por detrás del.

Moito ánimo chicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario