Ola
chic@s!!!
Espero
que vos gustaran os xogos de Ricardo Carvalho Calero.
Hoxe
continuamos co tema das plantas.
Vamos
a ver como fan a función de reprodución as
plantas.
Os
órganos reprodutores das plantas encóntranse nas flores.
Vamos a ver cales son as partes dunha flor:
- O cáliz: formado por unhas folliñas de cor verde chamadas sépalos, que protexen os pétalos.
- A corola: conxunto de pétalos, que adoitan ser de cores vistosas para atraer os insectos.
- Os estames: filamentos que no seu extremo teñen unha pequena cápsula que contén os grans de pole.
- O pistilo: onde se formará a semente.
A
tarefa de hoxe e facer un debuxo dunha flor indicando as súas
partes.
Na Lección 5 _ Tema 4 do libro de Naturais tedes máis información sobre este tema.
Cando
o teñades listo o enviades ao meu correo.
Ánimo
chicos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario