luns, 11 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 11 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Comezamos outra semana. Esta é moi especial, pois xa podemos facer moitas máis cousas que antes: ver a familia, amigos... Tede coidado. Desfrutade pero sede responsables e non vos esquezades de cumprir coas recomendacións: distancia, lavar as mans con frecuencia...

Esta semana en ciencia vamos a seguir aprendendo cousas sobre as plantas.

A semana pasada vimos:

- Cales eran as partes dunha planta e as súas funcións: raíz, talo, follas...

- Como podíamos clasificar as plantas: con flor, sen flor, árbores, arbustos...

- E que as plantas eran seres vivos porque cumprían as funcións vitais: nutrición, reprodución e relación.

Esta semana vamos a ver como as plantas realizan as tres funcións vitais. 
Na Lección 5 do Tema 4 de Naturais nos falan das función vitais das plantas.


FUNCIÓN DE RELACIÓN DAS PLANTAS

Aínda que moitos pensades que as plantas non fan a función de relación, estades equivocados. As plantas tamén se relacionan co medio e outros seres vivos e reaccionan a distintos estímulos.
Vamos ver dous exemplos para que o entendades mellor.




As plantas crecen cara a luz do sol. E as súas raíces medran cara as zonas máis húmidas en busca de auga.


Algunhas flores como a margarida se abren polo día e se pechan pola noite. Outras como a dama de noite se pechan polo día e ábrense pola noite.


A tarefa de hoxe é:

- Hai plantas que ao tocalas reaccionan. Busca na Internet unha planta que ao tocar a súas flores preguen os seus pétalos. Explica como fai e ilústrao cun debuxo.

Moito ánimo chicos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario