Ola
chic@s.
Vamos
facer un pequeno “paréntese” no tema das plantas ata o luns da
semana que ben.
O
próximo domingo é 17 de maio. Como todos xa sabedes
ese día é moi importante. É o día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é:
Vamos
dedicar estes dous días a esta celebración.
Dende
o Equipo de Dinamización Lingüística e dende o
Equipo de Biblioteca vos propoñen actividades e unha
tarefa centrada neste autor (na columna da dereita tedes os enlaces
dos blogs dos dous equipos)
Eu
estes días non vos vou mandar actividades para que os centredes nas
propostas destes equipos.
Pero
se vos quero axudar.
Dende
a biblioteca e o EDL vos propoñen que elaboredes un lapbook sobre
Ricardo Carvalho Calero. Pero sabedes que é iso?
Aquí
tedes un vídeo de como se fan.
E
aquí uns exemplos.
En
cada casilla-apartado do lapbook tedes que falar sobre un aspecto do
autor:
-breve
biografía
-obra
representativa nos diferentes xéneros literarios empregados polo
autor
-imaxes
representativas da vida e obra
-citas
célebres
-
frases célebres
-relación
con Lugo e co colexio Fingoi
Debaixo
vos deixo uns carteis que vos poden axudar a buscar
información para facer ese Lapbook. Estes carteis se colocaban
normalmente nas paredes do cole. Este ano os vemos no ordenador.
Tamén
vos deixo unha pequena biografía do autor.
Moito
ánimo e se necesitades axuda para facer a actividade non dubidedes
en pedírmela polo correo. No que poda, vos axudo.
Na seguinte entrada vos propoño un minireto e unha actividade LIM sobre Ricardo Carvalho Calero.
Na seguinte entrada vos propoño un minireto e unha actividade LIM sobre Ricardo Carvalho Calero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario