venres, 29 de maio de 2020

PROPUESTA PARA O VENRES 29 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s

Estiven vendo o ranking dos Kahoot! de onte, e teño que decirvos que estaban moi ben.

Noraboa a tod@s!!!

Espero que vos haia gustado a actividade.

Para hoxe a proposta é mirar as fichas que fixeron os vosos compañeiros sobre as súas árbores favoritas. Tamén podedes aproveitar para ver os experimentos que fixeron os vosos compis ou os vídeos das partes da flor.

Hoxe é venres. Así que o que queira facer un experimento, pode. Xa me tarda velos.

Unha aperta chic@s e bo fin de semana.

xoves, 28 de maio de 2020

PROPUESTA PARA O XOVES 28 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!!!

Noraboa a tod@s, xa que acertáchedes case todas as árbores que elixiron os vosos compañeiros.

Na pestana de arriba "Fichas árbores" podedes ver as fichas das arbores dos vosos compañeiros.

A proposta para hoxe é facer dous Kahoot sobre as plantas!

Pero que é un Kahoot!?

É un xogo de preguntas. Tedes que elixir a resposta correcta. Ao final do xogo os da unha clasificación en función das respostas acertadas.

Tedes que seguir estes pasos:

1. Poñer o voso nome e clicar en "Ok, go!"



2.Contestar as preguntas. Para avanzar a seguinte hai que clicar en "Next". E así ata rematar o xogo.

3. Hoxe non tedes que mandar nada. Xa podo ver eu os puntos que consegue cada un.

4, Podedes facelo ata dous veces se queredes mellorar a puntuación. Tedes que cambiar o nome. No intento dos añadides un 2 ao final do voso nome. Exemplo: IVÁN 2

5. Ánimo. Agora tedes que demostrar canto sabedes das plantas.


Kahoot! 1


Kahoot! 2


Moito ánimo chic@s!!!

mércores, 27 de maio de 2020

AS ÁRBORES FAVORITAS DE 3ºA


Boas chicos!!!

Aquí tedes cales son as árbores favoritos dos vosos compañeiros.
Quen acerto máis?

- Yasmina: Eucalipto
- Gabriel: Ameneiro
- Martín: Castiñeiro
- Elena: Ciprés
- Adrián: Salgueiro
- Marian: Sauce Chorón
- Laura: Salgueiro
- Alex:Mimosa
- Martina: Acivro
- Hugo Yáñez: Piñeiro
- Paula Yáñez: Acivro
- Mario: Choupo Branco
- Naia: Acivro
- Pablo: espiño
- Iván: Piñeiro
- Carmen: Capudre
- Hugo Bogo: Eucalipto


Nas pestanas de arriba tedes unha que se chama "FICHAS ÁRBORES". Alí podedes ver as vosa ficha e a que fixeron os vosos compañeiros.

PROPUESTA PARA O MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!!!

A proposta para hoxe é:

- Acabar a ficha da miña árbore favorita.

- Onte actualicei as pestanas superiores das actividades. Hai vídeos novos de experimentos, das partes da flor, ciclo da faba... Se queredes podedes botarlle un vistazo.

- Ainda falta algún nen@ por participar na tarefa das adiviñas das árbores. As 12 poño as solucións.

Animo chic@s!!!

martes, 26 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 26 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Hoxe vamos comezar un traballo sobre a vosa árbore favorita.

A proposta para hoxe é:

1. Mandarme un correo pola mañá dicíndome cal é a vosa árbore. Me faltan algunhas por saber.

2. Ler os comentarios da entrada de onte e intentar adiviñar cales son as árbores favoritas dos vosos compañeiros. Contestade xa en comentarios. Poñedes o voso nome e facedes unha lista cos nomes dos vosos compañeir@s apuntando ao lado cal creedes que é a súa árbore favorita.
Hoxe pola tarde, as 8 máis ou menos, poño a solución en comentarios, así podedes ver cantos acertos tedes.

3. Se vos da tempo, completar a seguinte ficha coa información da vosa árbore favorita. Senon o deixades para mañá. Este é un traballo para dous días.

Aquí tedes un exemplo.

 

Aquí tedes a páxina con información das árbores.



Cando a teñades lista ma enviades por correo.

Ánimo chic@s

luns, 25 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 25 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

A proposta para hoxe é:

1.Se non elixiches unha árbore aínda, tes que elixir unha. Podes mirar na seguinte páxina e escoller a que máis te guste.



2. Se xa sabes sobre que árbore vas a facer o teu traballo, tes que ir a páxina sobre as árbores e ler toda a información que ven sobre a árbore que elixiches.

3. Por último, tedes que facer unha pequena adiviña sobre a túa árbore nun papel. Ten que empezar cunha pequena presentación túa “Ola, son ...” e rematar cunha pequena despedida “...Adeus amig@s”. Aquí tedes un exemplo:

Ola chic@s, son o profe Iván. A miña árbore é moi abundante preto dos ríos galegos. Distínguese facilmente polo seu talo branco. A súa madeira era utilizada para facer zocas e instrumentos de labranza antigamente. Adeus amig@s”

Cando a teñades escrita a sucio nunha folla e revisado ben as faltas de ortografía a escribides en comentarios.

Por favor, hoxe non contestedes a ningún compañeiro. Deixamos o día de hoxe para poñer as adiviñas das arbores. Podemos ir investigando a ver se adiviñamos as árbores dos compañeiros.

Mañá contestades en comentarios cales credes que son as árbores que elixiron os vos@s compañeir@s.

Despois, mañá pola tarde, poño eu a solución e vedes cantas árbores acertáchedes.

Ánimo chic@s.

venres, 22 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 22 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

A proposta para hoxe é ver as dúas seguintes entradas do blog onde aparecen:

1. Ver os vídeos e as fotos que nos mandaron os compañeiros sobre as partes da flor.

2. Escoller unha árbore, para facer un traballo a semana que ven con ela, e mandarme un correo dicindo cal é a arbore que elixichedes.

Hoxe é venres. Así que o que queira facer un experimento, pode. Xa me tarda velos.

Deixouvos debaixo unha páxina onde aparecen moitos experimentos divertidos. Tamén podedes ver na pestana de arriba os que foron facendo os vosos compañeiros e escoller algún que vos guste.




Moito ánimo chic@s

ÁRBORES DE GALICIA


Aquí tedes unha páxina con moitos árbores que podemos atopar en Galicia.
Botádelle unha ollada e escollede unha árbore. A que os guste máis, da que teñades ganas de saber máis cousas.
Tamén podedes escoller algunha árbore que non apareza nesa páxina se queredes.
Cando o teñades claro mandarme un correo dicíndome cal é a árbore que elixíchedes.



AS PARTES DA FLOR

Estes son algúns dos vídeos ou fotos dos nosos compañeiros sobre as partes da flor.
GRAN TRABAJO!!!
  • VÍDEO MARTINA:
  • VÍDEO ALEX:

  • FOTO DE GABRIEL

  • VÍDEO DE NAIA

  • VÍDEO DE YASMINA

  • FOTO DE MARTÍN

  • VÍDEO ELENA
  • FOTO MARIAN
  • VÍDEO ADRIÁN
  • VÍDEO LAURA

xoves, 21 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 21 DE MAIO DE 2020

Ola Chic@s!!!

A proposta de hoxe é a seguinte:

1. Ver as dúas seguintes entradas

- A primeira onde un compañeiro nos explica como se plantan as patacas.

- A segunda onde podemos ver como medraron as fabas que plantaron algúns dos nosos compañeiros.
Se alguén máis plantou a faba que me mande as fotos que as incluimos, porfi.

2. Como todos xa sabedes estamos na primavera. Nesta estación do ano hai moitas flores. Pois a tarefa é a seguinte:

cando salgamos a dar o noso paseo diario temos que intentar buscar unha flor, e identificar nela as partes que vimos estes días: sépalos (cáliz), pétalos (corola), estames e pistilo. Se queredes podedes sacarlle unha foto ou facer un vídeo explicando as partes que se diferenzan nela.



Ánimo chic@s!!!

MASTERCLASS SOBRE A REPRODUCIÓN DAS PATACAS


Ola chic@s.

Hoxe un compañeiro vainos explicar como hai que facer para plantar patacas. Como se reproducen.

Estade atentos que seguro que aprendemos moito.



  • VÍDEO 1: COMO SE PLANTAN AS PATACAS

VIDEO 2: A PLANTA DAS PATACAS



VIDEO 3: O CONTROL DAS PATACAS



Moitas grazas Marcos!!!
 Coas túas explicacións xa sabemos algo máis sobre a reprodución das plantas.

O CICLO DA VIDA DAS PLANTAS.

Aquí tedes un debuxo sobre o ciclo da vida das plantas.

Este proceso foi o que tiña que  pasar coas nosas fabas.
Vamos a ver uns exemplos dalgúns compañeiros.

  • A FABA DE MARTÍN

  • A FABA DE GABRIEL
  • A FABA DE ELENA
  • FABA DE ALEX

  • FABA DE LAURA

mércores, 20 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 20 DE MAIO DE DE 2020


Ola chic@s.

Agora que xa coñecemos cales son as partes dunha flor, vamos a ver como se reproducen as plantas.

Primeiro mirade este debuxo explicativo:





O proceso de reprodución dunha planta o resumimos en estas catro fases:

        1. POLINIZACIÓN

        2. FECUNDACIÓN 

        3. FORMACIÓN DA SEMENTE E O
            FROITO

         4. XERMINACIÓN


A TAREFA DE HOXE É:

1. Ver o seguinte vídeo.
Nas dúas primeiras páxinas nos explica o proceso de reprodución dunha planta e nas dúas últimas hai que facer unhas actividades.
Facede unha captura de pantalla do resultado do último exercicio (un test)


2. Facer esta actividade Lim sobre a reprodución das plantas.
Cando cheguedes a última páxina picades enriba bo botón de “Información” (arriba a dereita “I”) e facedes unha captura de pantalla do resultado da actividade.



3. Facer o seguinte test sobre a reprodución das plantas. Ten 10 preguntas. Só vos deixa facelo unha soa vez. Ao final do test ponvos o resultado. Facede unha captura de pantalla deles.



Tedes que mandarme por correo as tres capturas de pantalla (unha de cada exercicio)

Se non vos da tempo a facer algunha, o vedes que é moito traballo, podedes deixar algún exercicio para mañá.


  • ACTIVIDADE ALTERNATIVA:
Os nen@s que non podan abrir as actividades anteriores teñen que facer un debuxo explicativo da reprodución das plantas parecido ao que ven arriba.

Moito ánimo chicos!!!

martes, 19 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 19 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

A tarefa de hoxe é facer o seguinte test sobre as partes da flor:

1. Or órganos reprodutores da planta encóntrase...
  1. Nas follas
  2. Nas flores
  3. Nas raíces
  4. Nos froitos

2. O grupo de sépalos que protexen os pétalos se chama...
    A) Corola
    B) Pistilo
    C) Cáliz
    D) Estame

3. O conxunto de pétalos da flor recibe o nome de ...

    A) Corola
    B) Pistilo
    C) Cáliz
    D) Estame

4. Os pétalos das flores adoitan ter colores vistosos para...

    A) Ir a moda
    B) Estar máis guapas
    C) Para protexerse dos animais
    D) Para atraer os insectos

5. Os filamentos que no seu extremo teñen unha pequena cápsula que contén os grans de pole, se chaman...

    A) Corola
    B) Pistilo
    C) Cáliz
    D) Estame

6. Parte da flor onde se forma o froito...

    A) Corola
    B) Pistilo
    C) Cáliz
    D) Estame

7. Parte da planta onde se fabrica o seu alimento...


    A) Flor
    B) Froito
    C) Follas
    D) Raíz

Contestade ao test poñendo o numero da pregunta e a letra da resposta.

Exemplo: 1 C


Axudádevos da información da entrada de onte para contestar ao test.

Ánimo chicos!!!

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 18 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s!!!

Espero que vos gustaran os xogos de Ricardo Carvalho Calero.

Hoxe continuamos co tema das plantas.

Vamos a ver como fan a función de reprodución as plantas.

Os órganos reprodutores das plantas encóntranse nas flores. Vamos a ver cales son as partes dunha flor:




  • O cáliz: formado por unhas folliñas de cor verde chamadas sépalos, que protexen os pétalos.
  • A corola: conxunto de pétalos, que adoitan ser de cores vistosas para atraer os insectos.
  • Os estames: filamentos que no seu extremo teñen unha pequena cápsula que contén os grans de pole.
  • O pistilo: onde se formará a semente.
A tarefa de hoxe e facer un debuxo dunha flor indicando as súas partes.

Na Lección 5 _ Tema 4 do libro de Naturais tedes máis información sobre este tema.

Cando o teñades listo o enviades ao meu correo.

Ánimo chicos!!!

domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é 17 de maio. É o día das Letras Galegas.


Aquí tedes o xogo sobre Ricardo Carvalho Calero que nos recomenda Naia. É un Escape Room. 
Quen conseguira resolvelo?


FELIZ DÍA!!!

sábado, 16 de maio de 2020

NOVO XOGO RICARDO CARVALHO CALERO

Ola chic@s!!!
Onte Naia recomendounos un xogo moi chulo do homenaxeado esta ano nas Letras Galegas:
Ricardo Carvalho Calero
Eu tamén vos recomendo un xogo un pouco máis sinxelo e moi parecido ao de Naia.


Mañá vou poñer o xogo que nos recomendo Naia, que é un pouco máis dificil pero moi divertido. É moi parecido ao de hoxe. É un Escape Room. Se o queredes facer, mañá visitar o blog.

Tamén vos deixo un conto de Ricardo Carvalho Calero por se o queredes ler: "As pitas baixo a choiva"


Espero que vos guste.

Bo fin de semana.


venres, 15 de maio de 2020

XOGO RICARDO CARVALHO CALERO

Ola chic@s
Aquí vos deixo un xogo para coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
É un xogo sobre a biografía de Ricardo Carvalho Calero elaborado polo Colexio San Pio X de Ourense.
Primeiro tedes que ver un vídeo sobre a vida de Ricardo Carvalho e despois contestar a unhas preguntas.
Moito ánimo!!!
  • Eu tamén estou facendo un lapbook de Ricardo Carvalho. Ao medio día se o teño rematado o poño no blog para que os sirva de exemplo.

xoves, 14 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O XOVES 14 DE MAIO E O VENRES 15 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Vamos facer un pequeno “paréntese” no tema das plantas ata o luns da semana que ben.

O próximo domingo é 17 de maio. Como todos xa sabedes ese día é moi importante. É o día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é:



Vamos dedicar estes dous días a esta celebración.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e dende o Equipo de Biblioteca vos propoñen actividades e unha tarefa centrada neste autor (na columna da dereita tedes os enlaces dos blogs dos dous equipos)

Eu estes días non vos vou mandar actividades para que os centredes nas propostas destes equipos.

Pero se vos quero axudar.

Dende a biblioteca e o EDL vos propoñen que elaboredes un lapbook sobre Ricardo Carvalho Calero. Pero sabedes que é iso?
Aquí tedes un vídeo de como se fan.


E aquí uns exemplos.





En cada casilla-apartado do lapbook tedes que falar sobre un aspecto do autor:

-breve biografía
-obra representativa nos diferentes xéneros literarios empregados polo autor
-imaxes representativas da vida e obra
-citas célebres
- frases célebres
-relación con Lugo e co colexio Fingoi


Debaixo vos deixo uns carteis que vos poden axudar a buscar información para facer ese Lapbook. Estes carteis se colocaban normalmente nas paredes do cole. Este ano os vemos no ordenador.



Tamén vos deixo unha pequena biografía do autor.



Moito ánimo e se necesitades axuda para facer a actividade non dubidedes en pedírmela polo correo. No que poda, vos axudo.

Na seguinte entrada vos propoño un minireto e unha actividade LIM sobre Ricardo Carvalho Calero.