venres, 3 de abril de 2020

REMATE SEGUNDO TRIMESTRE


Ola chic@s !!!

Hoxe rematamos na casa este segundo trimestre.
Temos por diante 10 días de vacacións. Ata o próximo martes 14 de abril. Estes días non vou mandar actividades. O luns 13, en función das novidades que vaiamos tendo xa veremos como plantexamos o último trimestre.
Non obstante como vamos que ter que pasar estes días na casa, no blog vou ir poñendo algunhas recomendacións que me parezan interesantes: películas, libros, concertos, xogos ... para facer máis amenos estes días.

E esta é a primeira recomendación:

Aproveitar para ler un pouco todos os días.

Aquí tedes un enlace para acceder a libros que a editorial Anaya cede estes días gratuitamente.

LIBROS GRATIS PARA NIÑOS - ANAYA


Eu estiven lendo “Animales en peligro” e está moi ben.



Unha aperta moi forte para todos. Bótovos moito de menos. Coidarvos e...


MOITO ÁNIMO

  • E xa sabedes, se queredes contarme algo, podedes facelo no meu correo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario