xoves, 2 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 3 DE ABRIL DE 20202


Ola chic@s !!!
Hoxe sería o ultimo día de clase antes das vacacións de Semana Santa. Así que aquí tedes a última proposta deste trimestre. E como é a última vamos con algo divertido.


ADIVIÑA, ADIVIÑA

Vamos a xogar.
Debaixo tedes 9 adiviñas. Vamos facer un concurso.
Tedes que escribir nun folio o numero da adiviña e a vosa resposta. Cando teñades as 9 me as enviades ao meu correo (non o poñades en comentarios).
As 5 da tarde poño as solucións e que nen@ acertou máis.

Aquí tedes as adiviñas:

1. Nin o lume a queima, nin a auga a molla. Quen é?

2. Que cousa non foi e ten que ser, e cando sexa, deixará de ser?

3. Quen fala todos os idiomas do mundo?

4. Teño cidades pero non teño xente, teño desertos pero non teño area, teño montañas pero non teño neve. Quen son?

5. Quen ten boca por diante e ollos por detrás?

6. Todos preguntan por min, eu non pregunto por ninguén, todos pasan sobre min e eu non paso sobreninguén
.
7. Árbore de 5 vogais.

8. Flor de 5 vogais.

9. Nome de muller que cae entre dúas notas musicais.

Podedes pedir axuda a papa, mama...

Espero as vosas respostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario