Hoxe
vamos seguir traballando coa Paisaxe de Costa.
Vas
ir a Lección 4_Tema4 do libro de Socias (picade no
enlace)
Lede
a lección e buscade este debuxo:
Se
picades enriba dos cadros brancos os define eses términos.
Tedes
que atopar os elementos do relevo aos que se refiren as seguintes
definicións. Están todos no debuxo.
1.É
a beira do mar formada por rochas que teñen moito desnivel.
2.
É
unha franxa de mar que separa dúas terras próximas entre elas.
3.
É
unha porción de terra rodeada de auga por todas partes.
4.
Varias
illas próximas entre elas.
5.
É
unha porción de terra rodeada de auga por todas partes menos por
unha.
6.
É
unha parte estreita e longa de terra que une unha península e un
continente ou tamén dous continentes.
7.
É
unha parte de mar que entra na terra.
8.
Un golfo moi pequeno.
9.
Instalación
construída polas persoas onde atracan os barcos na costa.
10.
É
unha porción de terra que entra no mar.
11.
É
a beira do mar plana, polo xeral cuberta de area.
Tedes
que escribir o número, poñer a que elemento do relevo de costa se
refire, e poñer un exemplo ou dous desa forma do relevo
(se son da nosa contorna mellor) Fixarvos no exemplo:
1.
Acantilado (acantilados de Loiba ou acantilados do Fouciño do Porco)
Facer
o mesmo cos 10 elementos do relevo que quedan e mandarmo ao meu
correo.
Sede
curiosos e intentade facelo con boa letra.
MOITO
ÁNIMO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario