mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 29 DE ABRIL DE 2020


Ola chic@s.
Hoxe vamos comezar co repaso dun tema que tamén nos quedou a medias antes da suspensión das clases presenciais: o TEMA 4 de NATURAIS, que trata sobre os SERES VIVOS e AS PLANTAS.
A parte dos seres vivos xa a vimos na clase, e quedounos pendente a parte das plantas.
Hoxe comezaremos por repasar a parte dos SERES VIVOS.

Para elo tedes que facer os seguintes exercicios:

1. As plantas son seres vivos? Por que?

2. Cales son as tres funcións vitais que realizan todos os seres vivos? Fai un debuxo explicativo de cada unha.

3. Tendo en conta esas tres funcións vitais quen é capaz de dicirme cales son as tres principais diferenzas entre as plantas e os animais?

Ao noso redor existen seres que non medran, nin se reproducen, nin morren. Son os seres inertes. Son as cousas que non teñen vida. Poden ser naturais (se forman parte da natureza) ou artificiais (se son fabricados polas persoas)

4. Tendo en conta isto atopa no seguinte debuxo:
- 3 seres inertes naturais
- 3 seres inertes artificiais
- 3 seres vivos.


  • Facede coma estes días. Contestade as preguntas nun papel. Poñede o número e a resposta (Non fai falta copiar os enunciados) e cando o teñades listo o enviades ao meu correo.
Na Lección 1 _ Tema 4 de Naturais tedes información para contestar estas preguntas. (Podedes picar no enlace)
Moito animo chicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario