xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O XOVES 16 DE ABRIL DE 2020


Ola a tod@s!!!

Espero que esteades ben.

Antes de propoñervos a actividade para hoxe quería dicirvos unha cousa:

Estou moi, pero que moi contento co traballo que estades a facer tod@s. A pesar de que estamos a vivir unha situación especial, que non nos gusta a ninguén, estades facendo un traballo xenial. Moito ánimo a tod@s e recordade que cada vez nos queda menos para que isto acabe.”

Vamos coa actividade para hoxe:

  • ACTIVIDADE 1: Os nen@s que non remataron as actividades destes dous últimos días (completar taboa dos alimentos e a pirámide) que as rematen.
  • ACTIVIDADE 2: Os nen@s que xa fixeron estas actividades ( completar taboa dos alimentos e a pirámide) se queren poden facer o seguinte EdiLim sobre os alimentos. Nel vamos a repasar vocabulario (en galego) sobre os alimentos que podemos atopar nun mercado.

Hoxe cando cheguedes a última páxina da actividade (ten 51) podedes picar na icona superior dereita “I” que vos da a información dos resultados obtidos na realización da actividade. Sacades unha foto dese cadro e a enviades ao meu correo.

Unha aperta moi grande para tod@s e MOITO ÁNIMO!!!


O último día que fixemos unha actividade deste tipo houbo dous nen@s que non a puideron abrir. Se seguedes sen podelas abrir me gustaría que me avisedes. Gracias.


2 comentarios: