mércores, 29 de abril de 2020

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO DE CIENCIAS


Coma xa todos sabedes eu propoño unha actividade de ciencias cada día.

Tamén sei que tedes máis propostas de actividades doutras áreas: matemáticas, linguas, inglés, música, educación física, biblioteca...

Por iso, e tendo en conta as diferentes situacións familiares, e de que son consciente de que cada nen@ ten un ritmo de traballo diferente, sodes vos mesmos, as nais, pais ou titores legais, os que decidides como organizarvos e que actividades de ciencias ir facendo cada día. Haberá nen@s que poidan facer todas as actividades e outros só algunhas.

O que se é necesario é que me vaiades enviando aquelas propostas de ciencias que vai facendo o nen@

Se tedes algunha dificultade ou dubida, non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico.

Traballando xuntos conseguiremos afrontar esta situación moito mellor.

Saúdos e moito ánimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario