Ola
a tod@s!!!
Espero
que esteades ben.
Cando
se suspenderon as clases presenciais en marzo, polo virus, estabamos
vendo o Tema 4 de Ciencias Sociais: As
paisaxes que nos rodean.
Xa habíamos visto as dúas primeiras leccións, e nos quedaban
por ver as dúas últimas.
A
proposta de traballo para esta semana é repasar as leccións que xa
vimos deste tema, e ver de forma moi sinxela e fácil as dúas
leccións que nos faltan.
Hoxe
vamos repasar a Lección 1: Elementos naturais ehumanos da paisaxe. Se picades enriba das letras os leva a
esa lección.
Para
elo os propoño a seguintes actividades. Se podedes facer a
primeira proposta xa non pasedes a segunda. Se tampouco
podedes facer a segunda proposta, pasade a terceira.
-
PRIMEIRA PROPOSTA: Actividade LIM
Ten
27 páxinas. Xa sabedes cando cheguedes a última picades na icona
I que está na parte superior dereita, sacades unha
foto dos resultados e ma enviades.
-
SEGUNDA PROPOSTA: Coma hai nen@s que sei que non poden abrir
estas actividades, para eles propoño as seguintes actividades (só
para os que non poden facer a actividade Lim de arriba). Vamos
probar se estas as podedes facer.
-
TERCEIRA PROPOSTA: Se non podedes abrir as actividades
da primeira e segunda proposta, lede as seguintes páxinas e
contestar as preguntas que poño debaixo delas nun folio.
Recordar que non fai falta copiar o enunciado.
PREGUNTAS:
1.
Que é unha paisaxe?
2.
Como poden ser as paisaxes?
3.
Cales son os principais elementos naturais das paisaxes?
4.
Que son os elementos artificiais da paisaxe?
5.
Como poden ser os cambios producidos nas paisaxes?
- Aínda que en Ciencias as actividades deberían ser en galego resulta moi complicado atopalas. Por iso hoxe as vamos facer en castelán. O sinto.
Ánimo
chic@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario