Onte
a Consellería de Educación publicou as instrucións para o
desenvolvemento do terceiro trimestre.
Algúns
dos aspectos a destacar son:
-
Os centros educativos adaptarán o modelo de titorías
á nova situación.
Todos
tedes o meu correo electrónico. Se alguén quere comentarme algo
relativo as miñas áreas, podelo facer por ese medio. Tampouco teño
inconveniente, se considerades necesario, en atendervos
telefonicamente. Me informades por correo, acordamos unha hora, e eu
os chamo.
-
Sobre o traballo do
alumnado neste trimestre:
No
terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado
centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de
recuperación, repaso, reforzo das aprendizaxes xa
traballadas nos dous primeiros trimestres do curso, fomentando as
rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo.
-
Sobre a avaliación:
Teranse
en conta a dúas primeiras avaliacións. Mentres que as actividades
realizadas na casa dende a suspensión das clases presencias teranse
en conta para mellorar esas notas, nunca para baixalas. En resume
a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so
poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.
Tendo
en conta estas instrucións seguiremos traballando do xeito que
viñamos facendo ata agora a través deste blog.
Eu
propoño actividades de repaso, reforzo e ampliación, vos mas
enviades ao meu correo e eu as corrixo e os contesto.
Os
traballos que vou recibindo, eu os vou gardando. Os terei en conta na
avaliación do terceiro trimestre, para mellorar as avaliacións
anteriores . NUNCA PARA RESTAR, SÓ PARA SUMAR.
Saúdos
e moito ánimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario