xoves, 2 de abril de 2020

EXPLICACIÓN DO EXPERIMENTO

Como funciona o ciclo da auga? 
O sol quenta a auga dos océanos, ríos e lagos, que sube á atmosfera en forma de vapor de auga (evaporación) e forma as nubes que almacenan a agua en forma de vapor. Cando estas nubes se encontran cunha corrente de aire frío, o vapor se condensa(condensación) e precipítase en forma de chuvia (precipitación). Se a temperatura baixa aínda máis, a precipitación pode producirse en forma de neve ou sarabia.
                                       Foto Elena
No experimento non podemos ver o proceso completo, pero aínda así axúdanos a entender mellor o del ciclo da auga. Na botella podedes observar coma a auga que está no fondo ao quentarse co sol, evapórase, sube e forma gotas de auga que se pegan ás paredes da parte superior da botella. Cando estas gotas pesan moito volven a caer ao fondo da botella.
Espero que vos gustara o experimento e os axudara a entender mellor o ciclo da auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario