Ola
chic@s.
Antes
de nada quero darvos as grazas polo voso esforzo. O
estades facendo xenial. Estou moi contento do resultado dos vosos
traballos.
GRAZAS!!!
Se
tiveramos clase presencial maña non teríamos clase ao ser
festivo, e o luns da semana que ven tampouco porque foi
un dos días non lectivos escollidos polo centro. Polo tanto
respectando o calendario a próxima proposta de traballo será o
martes da semana que ven.
- Entón ao ser o último día de traballo de traballo desta semana vouvos propoñer facer o día do experimento hoxe. Xa sabedes escolledes un experimento e intentades facelo. Facedes un pequeno vídeo ou fotos e mas enviades ao meu correo.Na columna da dereita tedes unha pestana de experimentos, por si queredes mirar. Tamén arriba tedes outra pestana cos vosos experimentos, os que me mandastedes vos. Podedes facer algún dos que mandou algún compañeiro e que vos gustou moito ou escoller o que queirades.Eu os deixo debaixo un vídeo, dun moi fácil, de como facer unha frauta cunha palliña.
Xa sabedes escollede o que queirades.
- Se a alguén no lle apetece facer o experimento os poño debaixo unha pequena actividade interactiva sobre as plantas.
Vos
elixides: experimento ou actividade interactiva.
Se
escolledes actividade interactiva xa sabedes, cando cheguedes a
última páxina picades no botón “I” da parte superior dereita,
e sacades unha foto e ma enviades.
- Por ultimo, debaixo tedes un enlace a un documental sobre as plantas por se alguén lle apetece ver estes días.
Moito ánimo chic@s!!!
Unha aperta a tod@s.