Antes de propoñervos a
primeira actividade quero darvos un consello.
Estes
días estamos tristes porque non podemos saír da casa, non podemos
ir ao cole , nin ao parque... e o que é peor non
ver aos nosos amigos. Pero sempre temos que
buscar o lado positivo das cousas. Ultimamente
con tantas actividades case non tiñamos tempo para facer cousas en
familia. Aproveitade estes días
para facer todas esas actividades que antes non faciamos por falta de
tempo:
-
Xogar todos xuntos a xogos de mesa: Monopoli, Tabu, Trivial, as
cartas...
-
Cociñar as nosas receitas favoritas.
-
Ler xuntos un libro entretecido.
-
Enseñale a papa e mama a xogar ao teu xogo favorito da consola.
-
Sentarnos todos xuntos no sofá a ver unha película divertida.
-
Facer exercicio na casa en familia (bailar, circuítos...)
...
Xa
que non podemos saír da casa DESFRUTADE
PARA FACER COUSAS EN
FAMILIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario