martes, 24 de marzo de 2020

4. CARTEIS POSITIVOS


Durante estes días, e debido á necesidade de permanecer nas nosas casas para protexernos uns a outros fronte ao virus, xurdiu unha iniciativa moi bonita.

Esta iniciativa consiste en elaborar un cartel positivo e poñelo nunha ventá ou balcón da nosa casa, para animar a todas esas persoas que están tamén nas súas casas coma nos.

Súmaste á iniciativa?

Recorda que para que sexa un cartel debes pensar unha mensaxe curta. Pouco texto e letras grandes. Recorda que o verán dende lonxe ;)

Se queredes podedes mandarme unha foto do cartel ao meu correo (ivansuarez@edu.xunta.gal) e o poño no blog. Deste xeito todos poderemos vela e animarnos lendo mensaxes positivas.

Gabriel xa fixo o seu debuxo. Mirade que chulo!!! 


Quen máis nos quere ensinar o seu debuxo?

Debaixo tedes uns exemplos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario