Para hoxe, propóñovos unha actividade interactiva de repaso, do tema de Ciencias Sociais que estabamos vendo antes da suspensión das clases: A paisaxe. Vamoslle dedicar 30-40 minutos.
Chámase “Proxecto Alecrín: paisaxes”. Na segunda paxina tedes que escoller entre dúas opcións:
- Os nosos lugares preferidos: Empeza a actividade cun pequeno texto. Despois seguen unhas actividades de comprensión lectora e de repaso de Lingua. Se queredes podedes facelas. Son fáciles. Senón picades na segunda opción.
- As paisaxes: Os leva a paxina 31, onde empezan os contidos relativos “a paisaxe”
Escollede por onde queredes empezar. É unha actividade longa, ten case 100 páxinas. Recordade facede as que vos de tempo nuns 40 minutos. Se tedes algunha dubida ou problema para facer a actividade podedes preguntarme no meu correo electrónico (ou en comentarios) e intento axudarvos. Para acceder a actividade picade no debuxo de abaixo. ANIMO💪💪💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario