Un
dos meus programas favoritos da tele cando tiña a vosa idade era Art
Attack. Nunha parte do programa un señor, moi creativo, facía unha
composición co material que tiña a man.
Esta
é a proposta para hoxe: con material diverso que teñades
na casa facer unha figura humana.
Aquí
tedes a que fixen eu coa axuda de Sabela, a miña filla pequena.
Utilizamos
un prato para a cabeza, rotuladores para o pelo, mandarinas para as
orellas, unha pulseira para a boca, tapones para os ollos, un cojín
para o tronco, rolos de papel para os brazos.... Usade a vosa
imaxinación.
Una
vez feita a figura humana tedes que facer carteis de papel das seguintes
partes do corpo e as colocades sobre a vosa construción como fixen
eu coa cabeza.
As
partes do corpo que tedes que sinalar son:
cabeza,
tronco, extremidade inferior, extremidade superior, tórax, abdome,
brazo, antebrazo, man, coxa, perna e pé.
Se
queredes tamén podedes sinalar con carteis as articulacións
principais do noso corpo:
pescozo,
ombro, cóbado, pulso, cadeira, xeonllo e nocello.
Se
tedes algunha dubida podedes axudarvos do libro de Ciencia Naturais:
Tema 1, Lección 1
Unha
vez feita, se queredes, podedes sacarlle unha foto a vosa figura
humana, enviarma por correo (ivansuarez@edu.xunta.es),
e eu a subo ao blog para compartilo cos vosos compañeiros.
Ánimo,
xa veredes que divertido!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario