martes, 31 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL DE 2020


Ola a tod@s

Se queredes ver o traballo de onte, podedes velo na pestana superior Como se sinte o planeta

Este mes,o 22 de marzo, tamén celebrouse o Día Mundial da Auga.

Tendo en conta isto, propóñovos a seguinte actividade:

- Un EdiLim titulado Auga e vida”.



Ten 15 páxinas. Recordade que cando saídes da actividade se perden todas as respostas. Así que intentade facelo todo seguido. Cando acabedes podedes mirar as preguntas que acertáchedes no icono superior da dereita “I”

Por ultimo escribide en comentarios 5 medidas que podemos levar a cabo para non malgastar auga.
.
Podedes axudarvos do libro de Sociais: Tema 3_Lección 5

Poñer un comentario é moi sinselo:

- Tedes que picar en "comentarios"
- En "comentar como" elixides "nome/url"
Poñedes o voso nome (o url o deixades en branco) e picades en "continuar".
Escribides o comentario e picades en "publicar"
- Picades en “Non son un robot” e en “publicar"
- E xa está listo.

Se tedes algunha dúbida preguntarme no meu correo.


Ánimo!!!

PROPOSTA PARA O MARTES 31 DE MARZO DE 2020


Ola a tod@s.

Antes de nada, dicirvos que estou moi contento co traballo que estades facendo. Se alguén máis se anima a mandalo aínda está a tempo. Os podedes ver na pestana superior
Os nosos animais favoritos”.

Este mes, o 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Árbore.



Tendo en conta isto, propóñovos a seguinte actividade:

Facede nun folio un debuxo dun bosque (e coloreádelo). Debaixo explicade nunhas poucas liñas...

Como creedes que se sente o noso planeta estes días?

Tede en conta que estes días co estado de alarma, debemos permanecer nas nosas casas. As rúas están baleiras, moitas empresas deixaron de funcionar e hai menos coches pola rúa...

Contade como credes que afecta á natureza que os humanos permanezcamos nas nosas casas e como cres que se sinte ela.

Facédelo con coidado, orden e boa letra.

Animo!!!

Debaixo tedes un exemplo por se vos serve de axuda.



LIBRO DÍA DA ÁRBORE

Aquí tedes un libro sobre O Día Mundial da Árbore por se o queredes ler.










luns, 30 de marzo de 2020

CONCURSO PARA ELIXIR A MASCOTA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO

Estes días o concello sacou as bases dun concurso para elixir a mascota da Biblioteca Municipal do concello.
Se a alguén lle interesa, no seguinte enlace pode acceder as bases do concurso.

domingo, 29 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 30 DE MARZO DE 2020


Ola chicos!

Para hoxe vos propoño unha pequena redacción sobre o noso animal favorito. Para elo tedes que axudarvos da información que recollístedes o venres na ficha. E remataremos a redacción cun debuxo do animal.

Con todas as redaccións que me enviedes (ivansuarez@edu.xunta.gal) vou facer un ficheiro de animais no blog (pestana “Os nosos animais favoritos”)

Podedes utilizar a miña redacción como modelo.

Intentade facelo con coidado, cunha boa presentación, esforzándonos en facer unha boa letra e fixándonos nas faltas de ortografía.

Se tedes algunha dubida, podedes preguntarme no meu correo.

Ánimo xa veredes que ben queda!

OS NOSOS ANIMAIS FAVORITOS

O ANIMAL FAVORITO DE LAURA



O ANIMAL FAVORITO DE ALEX



O ANIMAL FAVORITO DE NAIA



O ANIMAL FAVORITO DE MARCOS



O ANIMAL FAVORITO DE CARMEN


O ANIMAL FAVORITO DE MARTÍN




O ANIMAL FAVORITO DE MARIAN



 O ANIMAL FAVORITO DE PABLO


      O ANIMAL FAVORITO DE GABRIEL



 O ANIMAL FAVORITO DE ELENA



     O ANIMAL FAVORITO DE ADRIÁN





O ANIMAL FAVORITO DE IVÁN



O ANIMAL FAVORITO DE IVÁN (PROFESOR)



CONTO e VÍDEO

Ola!!!
Debaixo tedes un conto sobre o virus que nos ten na casa. Espero que vos guste. E facede moito caso aos 7 consellos que nos da nas dúas últimas páxinas!!!
Vede tamén este corto e intentade cotestar despois a pregunta que está debaixo.
Cal é a ensinanza que nos deixa o vídeo? Contestade en comentarios.

sábado, 28 de marzo de 2020

CARTEL POSITIVO DE MARCOS

Aquí tedes o superdebuxo de agradecemento de Marcos.
Moi bonito.



CAL É O ANIMAL FAVORITO DE IVÁN?

Cal é o animal favorito de Iván?
Deixa a túa resposta en comentarios.


CAL É O ANIMAL FAVORITO DE GABRIEL?

Cal é o animal favorito de Gabriel?
Deixa a túa resposta en comentarios.


Ola chicos!!!

Hoxe xa é sábado.

Debaixo tedes unha proposta para pasar unha tarde divertida. Unha oca interactiva para moverse e facer exercicio en familia. 

Espero que vos guste!!!

 OCA MUEVETEF

venres, 27 de marzo de 2020

CAL É O ANIMAL FAVORITO DE MARCOS?

Cal é o animal favorito de Marcos?
Deixa a túa resposta en comentarios.




Ola chic@s

A abaixo vos deixo os enlaces para que accedades aos libros dixitais de Naturais e Sociais.

Tedes 4 opcións:

- Actividades interactivas
- Galería multimedia
- Edubook
- Moito máis online

En Edubook tedes os libros dixitais. Tedes que entrar no tema que queirades e elixir a lección.




PROPOSTA PARA O VENRES 27 DE MARZO DE 2020


Ola a tod@s!!!

Hoxe vos propoño unha actividade para repasar o tema dos animais.

Tedes que elixir o voso animal favorito e buscar información del. Para iso vos deixo unha plantilla para que tomedes como referencia. Podedes imprimila ou apuntar a información nunha folla.





Aquí vos deixo unha paxina de internet na que podedes atopar información de moitos animais e plantas de Galicia.



Gardade a información que apuntades, que a vamos a utilizar o luns para a seguinte actividade.

Moito ánimo!!!

Recordade se tedes algunha dubida preguntarme por correo(ivansuarez@edu.xunta.es)

Eu xa fixen a miña.


Alguén sabe que animal é?

xoves, 26 de marzo de 2020

FIGURA HUMANA DE IVÁN

Aquí tedes a composición que fixo Iván.

QUE CHULA!!!

Bo traballo. 


PROPOSTA PARA O XOVES 26 DE MARZO DE 2020



Ola a tod@s!!!

Que tal levades estes días na casa? Espero que ben. Ánimos a todos que xa nos queda un día menos para volver ao cole e poder ver de novo a todos os nosos amigos.

A proposta para hoxe son dúas actividades divertidas, onde vamos a repasar contidos visto na clase, e nas que tedes que demostrar a vosa creatividade. Están nas entradas de abaixo numeradas con 1 e o 2.

Animádevos a facelas!!!


1. AS PARTES DO CORPO


Un dos meus programas favoritos da tele cando tiña a vosa idade era Art Attack. Nunha parte do programa un señor, moi creativo, facía unha composición co material que tiña a man.

Esta é a proposta para hoxe: con material diverso que teñades na casa facer unha figura humana.

Aquí tedes a que fixen eu coa axuda de Sabela, a miña filla pequena.


Utilizamos un prato para a cabeza, rotuladores para o pelo, mandarinas para as orellas, unha pulseira para a boca, tapones para os ollos, un cojín para o tronco, rolos de papel para os brazos.... Usade a vosa imaxinación.

Una vez feita a figura humana tedes que facer carteis de papel das seguintes partes do corpo e as colocades sobre a vosa construción como fixen eu coa cabeza.

As partes do corpo que tedes que sinalar son:
cabeza, tronco, extremidade inferior, extremidade superior, tórax, abdome, brazo, antebrazo, man, coxa, perna e pé.

Se queredes tamén podedes sinalar con carteis as articulacións principais do noso corpo:
pescozo, ombro, cóbado, pulso, cadeira, xeonllo e nocello.

Se tedes algunha dubida podedes axudarvos do libro de Ciencia Naturais: Tema 1, Lección 1

Unha vez feita, se queredes, podedes sacarlle unha foto a vosa figura humana, enviarma por correo (ivansuarez@edu.xunta.es), e eu a subo ao blog para compartilo cos vosos compañeiros.

Ánimo, xa veredes que divertido!!!

2. FACER 2 CASILLAS PARA XOGAR CO ROBOT


Esta segunda proposta é facer dúas casillas para xogar co robot como xa fixemos máis veces na clase.

Podedes escoller entre estas definicións para facer as dúas casillas:

montaña, cume, ladeira, aba, serra, cordilleira ou val.

Podedes mirar as definicións no libro de Sociais: Tema 4, Lección 2

E recordade as casillas teñen que ser de: 10cm x 10 cm

A volta as clases xogamos con elas cos robots.

A traballar!!!

Debaixo tedes a miña casilla de exemplo.




mércores, 25 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO DE 2020


Ola chicos
Para hoxe os propoño unhas actividades entretidas para aprender un pouco máis sobre o virus que nos ten na casa: o Coronavirus. Son as seguintes:

1. Un vídeo de Happy Learning sobre o virus.
2. Un vídeo-conto curto e moi interesante.
3. Un experimento.
4. Unha manualidade.

Estas actividades as podedes atopar nas entradas de abaixo numeradas do 1 ao 4. Son entretidas e fáciles de facer.

ANIMÁDEVOS A FACELAS!!!

💪💪💪😀

Onte nos estaban ben configurados os “comentarios”. Hoxe xa podedes deixar algún comentario nas entradas que queirades. E moi sinxelo:
- Tedes que picar en comentarios.
- En “comentar como elixides nome/url.
- Poñedes o voso nome (o url o deixades en branco) e picades en continuar.
Escribides o comentario e picades en publicar.
- Picades en “Non son un robot” e en “publicar”.
- E xa esta listo.

1. VIDEO HAPPY LEARNING SOBRE O CORONAVIRUS

Aquí os deixo un video de Happy Learning que tanto vos gustan, para aprender máis sobre este virus.

 QUÉ ES EL CORONAVIRUS?

Recordas cales son as tres reglas principais que din no vídeo para combatir o virus do coronavirus?

Anímate a deixa a túa resposta en comentarios.

2. O CONTO DO CORONAVIRUS

Escoita o conto e reflexiona sobre o que transmite.
 CONTO DO CORONAVIRUS


Agora reflexiona. Por que é tan importante quedar na casa estes días?


Se te animas deixa a túa resposta en comentarios.

3. EXPERIMENTANDO NA CASA


Seguro que estes días oiches nos medios de comunicación, máis dunha vez, a importancia de lavarse moi ben as mans.

Sabedes por que é tan importante lavarse as mans?

Imos comprobar se ten ou non importancia.


Que necesitas?

- Un prato fondo

-  Auga

- Pimenta negra ou calquera outra especia que teñades como pirixel ou albahaca.

- Xabón líquido

Indicacións

1. Enche un prato fondo con auga.

2. Bota unhas poucas especias de maneira que cubran a superficie de auga.

3.Mete un dedo na auga. Que cres que vai ocorrer? Que pasou?

4. Repite o mesmo procedemento pero cun pouco de xabón líquido na punta do dedo. Que cres que vai ocorrer? Que pasou?

Por que cres que ocorreu iso? Que cres que simulan as especias que botache no prato?

Se queres podes contestar as preguntas en comentarios.



ANÍMATE A FACELO!!!

martes, 24 de marzo de 2020

4. CARTEIS POSITIVOS


Durante estes días, e debido á necesidade de permanecer nas nosas casas para protexernos uns a outros fronte ao virus, xurdiu unha iniciativa moi bonita.

Esta iniciativa consiste en elaborar un cartel positivo e poñelo nunha ventá ou balcón da nosa casa, para animar a todas esas persoas que están tamén nas súas casas coma nos.

Súmaste á iniciativa?

Recorda que para que sexa un cartel debes pensar unha mensaxe curta. Pouco texto e letras grandes. Recorda que o verán dende lonxe ;)

Se queredes podedes mandarme unha foto do cartel ao meu correo (ivansuarez@edu.xunta.gal) e o poño no blog. Deste xeito todos poderemos vela e animarnos lendo mensaxes positivas.

Gabriel xa fixo o seu debuxo. Mirade que chulo!!! 


Quen máis nos quere ensinar o seu debuxo?

Debaixo tedes uns exemplos.