venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO


Ola chic@s,

Este é o último día de clase. O ultimo día deste raro curso.



A min, como supoño que a vosoutros, gustaríame poder habelo pasado no cole con vos. Pero non puido ser.

Fíxome moita ilusión vervos a moitos de vos onte na videoconferencia. Pero como faltaban algúns compañeiros, que non puideron conectarse, quero despedirme de vos de novo.

Quero dicirvos que en xeral estou moi contento co voso traballo durante todos estes días confinados nas casas. O fixéchedes xenial!


Quero agradecervos o voso esforzo e o das vosas familias en estes momentos tan difíciles para todos, que nos fixo ter que traballar dun xeito diferente. Resultounos complicado ao principio pero grazas ao voso esforzo e dedicación conseguimos que está situación fora un pouco máis doada.
Non me cansarei de dicilo:


MOITAS GRAZAS A TODOS (Aos nenos e as súas familias)



Desexouvos un bo verán a todos.

Durante todos estes días deunos tempo de apreciar a importancia de cousas que antes non valorabamos moito: o tempo coa familia, o moito que botamos de menos o tempo cos nosos avós, os nosos primos, os nosos compañeiros e amigos...

Por eso o meu consello para estas vacacións e que desfrutedes, que o pasedes ben coa familia, amigos...
Que carguedes as pilas ao tope para empezar en setembro con moita forza.

E unha RECOMENDACIÓN. O día é moi longo. Podemos facer moitas cousas. Unha delas debería ser dedicarlle uns 30 minutos ao día a ler un pouquiño. É o único traballo que os mandamos dende cole. Por favor intentar levalo a cabo.



Na columna da dereita vos deixo dous enlaces: un para acceder a un ibro de lectura de animais e outro para acceder a unha paxina web de documentais por se vos apetece ver algún nestas vacacións.

Vouvos a botar moito de menos.


BO VERÁN CHIC@S




VÉMONOS EN SETEMBRO.


Unha aperta enorme para tod@s




E unha última proposta

O que queira pode escribir unhas palabras en comentarios despedindo o curso. 

mércores, 17 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 17 DE XUÑO DE 2020

Ola chi@s.

Xa vin os resultados dos Kahoot! de repaso que vos propuse o luns e teño que dicirvos que están moi ben. Bo traballo chic@s.

A de hoxe é a última proposta do curso.

E é un xogo.



É un xogo moi longo. Ten 15 etapas. Podedes repartilas e facelas en varios días. O primeiro que tedes que facer para xogar e poñer o voso nome e unha contrasinal. É moi importante recordala para poder volver ao xogo outro día.




Lede ben as instruccións. Se tedes algunha dúbida preguntarme.



Se queredes podedes mandarme unha foto do plano coas probas superadas.

O venres vos deixo o último mensaxe deste curso.

Moito ánimo chic@s.

luns, 15 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 15 DE XUÑO DE 2020 E O MAERTES 16 DE XUÑO DE 2020

Boas chic@s.

Esta semana só vos vou poñer dúas propostas: unha hoxe e outra o mércores.

A de hoxe son dous Kahoot! de repaso. Un de Ciencias da Natureza e outro de Ciencias Sociais.



Xa sabedes que non tedes que mandarme nada. Xa podo ver eu dende o meu ordenador as vosas respostas e os vosos resultados.

Podedes facer un hoxe e outro maña. Organizaros como queirades.

O de Sociais é un pouco máis dificil. As últimas preguntas nos as vimos na clase. Así que, se non sabedes as respostas, non vos preocupedes.

Moito ánimo chic@s que esta xa é a ultima semana deste curso tan raro.

xoves, 11 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 11 DE XUÑO DE 2020

Ola chic@s!
Hoxe vos propoño outro xogo.

É un xogo longo, con 5 misións. Ata o luns non vos vou poñer outra proposta, así que podedes repartir as misións a longo destes días ou facelas todas xuntas. Como vos queirades.

Este é un xogo de repaso de 3º. Cada misión esta centrada nunha área diferente: Lengua, Matematicas, Sociais e Naturais.


Eu xa a fixen e está moi ben!

Se tedes algunha dificultade mandarme un correo que vos axudo.

Mandademe unha foto ou captura do final. Esta é a miña:


Ánimo chic@s!

Bo fin de semana.

mércores, 10 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 10 DE XUÑO DE 2020

Ola chic@s!

Xa estamos rematando o curso e tod@s estamos xa moi cansos.

Estes días vou ir poñendo actividades algo máis amenas e un pouco lúdicas.

Hoxe os deixo un xogo que se chama "LA MAQUINA DEL TIEMPO"



Neste xogo tes que pasar unhas probas para conseguir un código e poder viaxar ao futuro a salvar o mundo.

Se tedes algunha dúbida ou quedades atascados nalgunha proba avisádeme por correo que vos axudo.

Hai unha proba un pouco difícil a "EDAD MODERNA". Intentade facela se queredes pero xa vos dou eu o código desa proba. É o 1

Mandademe por correo unha captura do xogo finalizado ou do código secreto.

Ánimo chic@s.

martes, 9 de xuño de 2020

MARTES 9 DE XUÑO DE 2020

Ola chic@s!

Hoxe no vos poño nada. Descansar.

Mañá vos propoño outra tarefa.

Bo día.

luns, 8 de xuño de 2020

PROPOSTA LUNS 8 DE XUÑO DE 2020

Hoxe é o

As Nacións Unidas declarou o 8 de xuño como día no que "recordar a todo o mundo o gran papel cos océanos xogan nas nosas vidas"



A maior parte dos plásticos do planeta acaba no mar. Mirade este vídeo.


Para hoxe os deixo este Kahoot! sobe o medio ambiente.



Ánimo chic@s!!!




venres, 5 de xuño de 2020

KAHOOT! DE ONTE

Ola chicos!
Estiven mirando os resultados de cada un no Kahoot que fixéchedes onte.
Están todos moi ben. Sen fallos ou con moi poucos fallos.
Noraboa a tod@s!

PROPOSTA PARA O VENRES 5 DE XUÑO DE 2020


Ola chicos!!!

Hoxe é 5 de Xuño:




Este ano no noso centro a través do Equipo de Voz Natura nos centramos en un aspecto que esta afectando moi negativamente ao nosos planeta: “o consumo excesivo de plástico”.




Con motivo desta conmemoración Sogama nos achega un “Catalogo para desplastificarnos”, e reducir o noso consumo de plásticos dun só uso.



Lelo con atención e mirade se podedes facer máis cousas para reducir o consumo de plásticos.

Tamén vos deixo o último exemplar da revista “O papagaio” que nos ofrecen dende a biblioteca do cole. Está moi interesante.



Na paxina 3 da revista nos fala das consecuencias do “cambio climático” debido ao exceso de emisión de gases contaminantes.

  • A tarefa para hoxe é citar en comentarios, 3 medidas que podemos levar a cabo nos, para contribuír a reducir o consumo de plásticos, ou reducir a emisión de gases contaminantes.


Seguro que entre todos o podemos conseguir!

Ánimo chicos!

Bo fin de semana.

xoves, 4 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 4 DE XUÑO DE 2020

Boas chicos!!!

Que tal vai ese traballo de Voz Natura?

Se tedes algunha dubida preguntarme por correo.

Acordarvos tamén de cubrir a enquisa da biblioteca. Os resultados obtidos dela serven para mellorar o servizo que ofrece de cara ao curso que ben.

Hoxe vamos seguir co Tema 5 de Sociais que empezamos o luns. Hoxe vamos a ver a Lección 2: Normas de convivencia na escola.


É moi sinxela, e seguro que todos xa sabedes esas normas, pero as veces nos costa un pouco cumprilas.

Lede ben a lección. Se pecades no debuxo de abaixo xa os leva a ela.



E despois facede este Kahoot! Ten 12 preguntas. É como os que fixemos a semana pasada. A medida que vades contestando os da un ranking.



Non fai falta que me mandedes nada. Eu xa podo ver os resultados de cada un no meu ordenador. Os acertos e as preguntas que van mal. Para iso é importante que poñades ben os vosos nome. Tedes dous intentos. Pola noite os contesto e vos comento os errores.


Animo chic@s!!!



martes, 2 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 3 DE XUÑO 2020

Ola Chic@s!
O luns, 8 de xuño, é o Día Mundial de los Océanos.

Unha das razones polas que debemos celebrar o Día Mundial dos Océanos é para recordar a todos o papel importante que teñen os océanos na vida cotidiana. Eles son os pulmóns do noso planeta,  a maior parte do osíxeno que respiramos. O propósito do Día é que nos concienciemos sobre as consecuencias ca actividade humana ten para os océanos e que temos que actuar todos xa para conseguir salvalos.


A proposta para hoxe é que sigades co traballo de Voz Natura.

Ademais vos deixo debaixo un enlace por se queredes facer a enquisa da biblioteca.


Tamén os recomiendo que botedes un vistazo ao DESAFÍO DE EF desta semana. Está moi ben.

Ánimo chic@s!

PROPOSTA PARA O MARTES E MÉRCORES 2 e 3 DE XUÑO


O venres é 5 de xuño.

Ese día se celebra en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente.



O planeta nos ofrece tódolos recursos naturais que necesitamos para a nosa existencia: alimentos, construcións, electricidade, transporte, transportarnos, vestirnos, etc. Conservar o medio ambiente é imprescindible para a vida sostible de las xeracións actuais e futuras.

Como é tan importante por eso o 5 de Xuño se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.


Tedes unha proposta de traballo sobre estas conmemoracións do Equipo de Voz Natura.



Por iso nin hoxe e nin maña non vos vou mandar ningunha tarefa para que os centredes neste traballo de Voz Natura.


Animo chic@s!!!

luns, 1 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 1 DE XUÑO DE 2020


Ola chic@s!!!

Hoxe empezamos cun tema novo de Sociais.

Vamos ver unhas leccións moi sinxelas sobre convivir en sociedade: a familia, normas de convivencia na comunidade, dereitos da infancia... Está moi relacionado co proxecto integral deste ano no cole “Educación na rúa”


Que vos parece a escola de Sibusiso? Se parece a nosa?

Na lección 1 nos fala da familia e dos distintos tipos de familia.

Tamén nos di que temos que colaborar nas tarefas da casa.

A proposta de traballo para hoxe é:

Acordar con mamá e con papá tres tarefas de casa nas que hoxe vas a colaborar. As escribes e mas mandas. Tes que intentar cumprilas.

Ademais os nen@s que queiran tamén poden facer un debuxo da súa familia e mandármelo.

Ánimo chic@s!!! Xa nos queda menos para acabar o curso.

venres, 29 de maio de 2020

PROPUESTA PARA O VENRES 29 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s

Estiven vendo o ranking dos Kahoot! de onte, e teño que decirvos que estaban moi ben.

Noraboa a tod@s!!!

Espero que vos haia gustado a actividade.

Para hoxe a proposta é mirar as fichas que fixeron os vosos compañeiros sobre as súas árbores favoritas. Tamén podedes aproveitar para ver os experimentos que fixeron os vosos compis ou os vídeos das partes da flor.

Hoxe é venres. Así que o que queira facer un experimento, pode. Xa me tarda velos.

Unha aperta chic@s e bo fin de semana.

xoves, 28 de maio de 2020

PROPUESTA PARA O XOVES 28 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!!!

Noraboa a tod@s, xa que acertáchedes case todas as árbores que elixiron os vosos compañeiros.

Na pestana de arriba "Fichas árbores" podedes ver as fichas das arbores dos vosos compañeiros.

A proposta para hoxe é facer dous Kahoot sobre as plantas!

Pero que é un Kahoot!?

É un xogo de preguntas. Tedes que elixir a resposta correcta. Ao final do xogo os da unha clasificación en función das respostas acertadas.

Tedes que seguir estes pasos:

1. Poñer o voso nome e clicar en "Ok, go!"



2.Contestar as preguntas. Para avanzar a seguinte hai que clicar en "Next". E así ata rematar o xogo.

3. Hoxe non tedes que mandar nada. Xa podo ver eu os puntos que consegue cada un.

4, Podedes facelo ata dous veces se queredes mellorar a puntuación. Tedes que cambiar o nome. No intento dos añadides un 2 ao final do voso nome. Exemplo: IVÁN 2

5. Ánimo. Agora tedes que demostrar canto sabedes das plantas.


Kahoot! 1


Kahoot! 2


Moito ánimo chic@s!!!

mércores, 27 de maio de 2020

AS ÁRBORES FAVORITAS DE 3ºA


Boas chicos!!!

Aquí tedes cales son as árbores favoritos dos vosos compañeiros.
Quen acerto máis?

- Yasmina: Eucalipto
- Gabriel: Ameneiro
- Martín: Castiñeiro
- Elena: Ciprés
- Adrián: Salgueiro
- Marian: Sauce Chorón
- Laura: Salgueiro
- Alex:Mimosa
- Martina: Acivro
- Hugo Yáñez: Piñeiro
- Paula Yáñez: Acivro
- Mario: Choupo Branco
- Naia: Acivro
- Pablo: espiño
- Iván: Piñeiro
- Carmen: Capudre
- Hugo Bogo: Eucalipto


Nas pestanas de arriba tedes unha que se chama "FICHAS ÁRBORES". Alí podedes ver as vosa ficha e a que fixeron os vosos compañeiros.

PROPUESTA PARA O MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!!!

A proposta para hoxe é:

- Acabar a ficha da miña árbore favorita.

- Onte actualicei as pestanas superiores das actividades. Hai vídeos novos de experimentos, das partes da flor, ciclo da faba... Se queredes podedes botarlle un vistazo.

- Ainda falta algún nen@ por participar na tarefa das adiviñas das árbores. As 12 poño as solucións.

Animo chic@s!!!

martes, 26 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 26 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

Hoxe vamos comezar un traballo sobre a vosa árbore favorita.

A proposta para hoxe é:

1. Mandarme un correo pola mañá dicíndome cal é a vosa árbore. Me faltan algunhas por saber.

2. Ler os comentarios da entrada de onte e intentar adiviñar cales son as árbores favoritas dos vosos compañeiros. Contestade xa en comentarios. Poñedes o voso nome e facedes unha lista cos nomes dos vosos compañeir@s apuntando ao lado cal creedes que é a súa árbore favorita.
Hoxe pola tarde, as 8 máis ou menos, poño a solución en comentarios, así podedes ver cantos acertos tedes.

3. Se vos da tempo, completar a seguinte ficha coa información da vosa árbore favorita. Senon o deixades para mañá. Este é un traballo para dous días.

Aquí tedes un exemplo.

 

Aquí tedes a páxina con información das árbores.



Cando a teñades lista ma enviades por correo.

Ánimo chic@s

luns, 25 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 25 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

A proposta para hoxe é:

1.Se non elixiches unha árbore aínda, tes que elixir unha. Podes mirar na seguinte páxina e escoller a que máis te guste.



2. Se xa sabes sobre que árbore vas a facer o teu traballo, tes que ir a páxina sobre as árbores e ler toda a información que ven sobre a árbore que elixiches.

3. Por último, tedes que facer unha pequena adiviña sobre a túa árbore nun papel. Ten que empezar cunha pequena presentación túa “Ola, son ...” e rematar cunha pequena despedida “...Adeus amig@s”. Aquí tedes un exemplo:

Ola chic@s, son o profe Iván. A miña árbore é moi abundante preto dos ríos galegos. Distínguese facilmente polo seu talo branco. A súa madeira era utilizada para facer zocas e instrumentos de labranza antigamente. Adeus amig@s”

Cando a teñades escrita a sucio nunha folla e revisado ben as faltas de ortografía a escribides en comentarios.

Por favor, hoxe non contestedes a ningún compañeiro. Deixamos o día de hoxe para poñer as adiviñas das arbores. Podemos ir investigando a ver se adiviñamos as árbores dos compañeiros.

Mañá contestades en comentarios cales credes que son as árbores que elixiron os vos@s compañeir@s.

Despois, mañá pola tarde, poño eu a solución e vedes cantas árbores acertáchedes.

Ánimo chic@s.

venres, 22 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 22 DE MAIO DE 2020


Ola chic@s.

A proposta para hoxe é ver as dúas seguintes entradas do blog onde aparecen:

1. Ver os vídeos e as fotos que nos mandaron os compañeiros sobre as partes da flor.

2. Escoller unha árbore, para facer un traballo a semana que ven con ela, e mandarme un correo dicindo cal é a arbore que elixichedes.

Hoxe é venres. Así que o que queira facer un experimento, pode. Xa me tarda velos.

Deixouvos debaixo unha páxina onde aparecen moitos experimentos divertidos. Tamén podedes ver na pestana de arriba os que foron facendo os vosos compañeiros e escoller algún que vos guste.




Moito ánimo chic@s

ÁRBORES DE GALICIA


Aquí tedes unha páxina con moitos árbores que podemos atopar en Galicia.
Botádelle unha ollada e escollede unha árbore. A que os guste máis, da que teñades ganas de saber máis cousas.
Tamén podedes escoller algunha árbore que non apareza nesa páxina se queredes.
Cando o teñades claro mandarme un correo dicíndome cal é a árbore que elixíchedes.



AS PARTES DA FLOR

Estes son algúns dos vídeos ou fotos dos nosos compañeiros sobre as partes da flor.
GRAN TRABAJO!!!
  • VÍDEO MARTINA:
  • VÍDEO ALEX:

  • FOTO DE GABRIEL

  • VÍDEO DE NAIA

  • VÍDEO DE YASMINA

  • FOTO DE MARTÍN

  • VÍDEO ELENA
  • FOTO MARIAN
  • VÍDEO ADRIÁN
  • VÍDEO LAURA